A nena levantou a man e colleu entre os dedos un fío de ouro, non tan fino coma o dunha araña, senón máis groso, coma de la fiada. seguiuno cos dedos ata dar co corazón de fox. xa sabía eu o fío desapareceu en canto baixou a man . é teu. cosacos, espías e un tsar que acode ás audiencias acompañado dun oso. desta vez, a viaxe ao outro lado do espello leva a jacob e a fox ao oriente. tamén will regresa ao mundo que lle deu unha pel de xade, seguindo o rastro da fada escura para tentar salvar a súa amada clara. pero o propósito da viaxe non o van decidir eles. o elfo dos amieiros non esqueceu o pacto que jacob fixo con el no labirinto do barbazul e vai descubrirlles a jacob e a fox máis misterios sobre o mundo que os rodea dos que eles quererían coñecer... o fío de ouro, tan inquebrantable que mesmo as fadas parecen ceder ante o seu poder, guiará os pasos dos personaxes.
